O Consello Nacional da Federación de Sanidade de CCOO elixe a Emilia Lamas como nova secretaria xeral

Remuda na secretaría xeral da Federación após a xubilación de Ángel Cameselle
Por o 26/06/2019 | Sección: CC.OO,Sindicatos
O Consello Nacional da Federación de Sanidade de CCOO elixe a Emilia Lamas como nova secretaria xeral
Compartir en:

O pasado venres, 21 de xuño, o Consello Nacional da Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia elixiu a Emilia Lamas como nova secretaria xeral, debido á xubilación do anterior responsable, Ángel Cameselle.

A nova secretaria xeral agradeceulle ao Consello da Federación o seu apoio e transmitiulle a «ilusión» pola nova etapa que agora comeza.

Desde CCOO-Sanidade tamén lle agradeceron ao secretario xeral saínte o seu compromiso, ficando no cargo ata rematar o seu traballo nas recentes eleccións sindicais no Servizo Galego de Saúde (SERGAS), proceso en que Comisións pasou de terceiro a segundo sindicato.

Comentar noticia

Your email address will not be published.