O Consorcio Casco Vello adquire a súa primeira vivenda na rúa San Francisco

Por o 13/09/2018 | Sección: Galicia,Vigo
O Consorcio Casco Vello adquire a súa primeira vivenda na rúa San Francisco

Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, reunido esta mañá en sesión extraordinaria presidida polo delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, aprobou a adquisición do edificio situado na rúa San Francisco 15. Con esta compra, a número 77 das realizadas por este organismo -integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento polo Concello de Vigo-, o Consorcio Casco Vello prosegue o seu labor de apoio á recuperación da zona do Berbés, área na que se centraron unha boa parte das súas máis recentes adquisicións e na que, cos seus propios medios ou en colaboración con outros organismos, acometerá varias actuacións en 2019 (sede da Universidade, xa en marcha; Albergue de Peregrinos; rehabiliación de Berbés 41). Esta compra supón a primeira intervención o consorcio na rúa San Francisco, que transcorre por detrás da praza do Berbés, aínda que a promoción do número 41 desta histórica praza contempla o acceso a unha das vivendas que resultarán da súa recuperación a través deste vial.

O edificio agora adquirido está situado sobre unha leira de 70,91 metros cadrados de superficie; dividido en catro plantas ( baixa e tres alturas) ten unha superficie construída de 318 metros cadrados, incluíndo un resalido no seu parte posterior. Conta con dúas fachadas, a que se abre cara á rúa San Francisco e outra posterior pora rúa Caramuxo. Construído cara a 1900, o seu estado de conservación é malo; foi obxecto de diversas actuacións como a adición dunha terceira planta ao seu deseño orixinal ou a modificación do tamaño dos ocos da súa fachada para mellorar o acceso a un local comercial, sen actividade na actualidade.

A súa ficha do Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello de Vigo recolle como elementos destacados do edificio a carpintería exterior, os balcóns e varandas, a porta do edificio na planta baixa e a fachada de pedra cara á rúa San Francisco, que deberán ser conservados ou repostos ao seu estado orixinal no momento da súa rehabilitación. Este mesmo documento recolle a necesidade de mellorar o aspecto da fachada posterior, realizada con materiais de moi baixa calidade.

PAIF 2019

Por outra banda, o Consello de Administración do CCVV, en sesión celebrada con anterioridade ao Comité Executivo, acordou a aprobación do seu Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) para 2019 que supoñerá, agregando a totalidade das súas partidas, unha mobilización de fondos próxima aos dous millóns de euros. Os mesmos aplicaranse fundamentalmente, ademais da os seus gasto operativos, ás tarefas de rehabilitación dos inmobles situados en Abeleira Menéndez 16, Cruz Verde 8, Cruz Verde 12, Ferrería 8 Praza do Berbés 41.

Fachada posterior da nova adquisición do CCVV.
Fachada posterior da nova adquisición do CCVV.
O Pepri Casco Vello de Vigo atribúe a este edificio un interese urbanístico e arquitectónico de nivel medio.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.