O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire o solar de Elduayen 31

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 polo Concello de Vigo, acaba de adquirir o solar situado na rúa Elduayen 31 de Vigo. Segundo informou este xoves o delegado da Xunta en Vigo e presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, o terreo conta cunha superficie de 231 metros cadrados, dos que 125 corresponderían á superficie edificada. Ata o de agora, unicamente se procedeu á demolición da vivenda preexistente e parte da cimentación.
Publicado por o día 10/06/2018 na sección de Galicia,Vigo

O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire o solar de Elduayen 31

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo ( CCVV) aprobou esta mañá a adquisición do solar situado na rúa Elduayen 31 de Vigo; no mesmo existía con anterioridade unha vivenda de planta baixa e dous pisos que foi demolida polos anteriores propietarios e que agora será rehabilitada para crear na mesma vivendas de protección autonómica, de acordo cos obxectivos fundacionais deste organismo.

O solar ten unha superficie de 231 metros cadrados, dos que 125 corresponderían á superficie edificada e o resto a terreo anexo, a resalido. Ten tamén saída á rúa Ferrería. Conta con licenza de rehabilitación pero ata o momento tan só realizouse a demolición da vivenda preexistente e parte da cimentación.

Coa aprobada hoxe o Consorcio Casco Vello de Vigo, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, adquiriu xa un total de 75 edificios na súa área de actuación, e construíu un total de 104 vivendas, no seu maior parte xa ocupadas por novos veciños, ben en réxime de propiedade ou ben en aluguer. Na actualidade o CCVV atópase en pleno proceso de rehabilitación de dúas novas promocións na zona alta do Casco Vello, en concreto nas rúas Cruz Verde 8 e Ferrería 8, que dotarán á zona de dúas novas vivendas unifamiliares . Así mesmo atópanse en distintas fases de tramitación outros proxectos para executar en catro edificios adquiridos nos dous últimos anos.

Venda en Subida ao Castelo

Asemade, este xoves o presidente do CCVV firmou a venda da última das vivendas de Subida ao Castelo 12 completando así a promoción. As catro vivendas que se crearon teñen superficies comprendidas entre os  55 e os 76 metros cadrados útiles.

Distribuídas en dúas plantas, todas teñen acceso directo desde a rúa e dúas delas contan cun pequeno xardín posterior, en tanto que as outras teñen balcóns abertos cara á rúa que dá nome á promoción. Os prezos dos inmobles oscilaron entre os 95.000 e os 125.000 euros.