O coro Son de Acacias cantará en xerusalén a primeira misa en galego

Publicado por o día 29/09/2018 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

O coro Son de Acacias cantará en xerusalén a primeira misa en galego

O coro vigués Son de Acacias cantará a primeira misa en galego na igrexa da Natividade de Belén o vindeiro 7 de decembro, no marco dunha viaxe de intercambio cultural a Xerusalén que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo. Así o acordaron nunha reunión celebrada en Vigo esta semana o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, cos responsables da formación, que xa prepara a Misa Pro Natura.