O Concello de Ribadumia informa que durante as vacacións estivales se realizaron diferentes actuacións en ámbolos dous centros educativos de cara a posta a punto para o comezo do novo curso 2018/2019.
As obras estiveron relacionadas con pintado de humidades, selado e asegurar baldosas e zócalos, arranxo de persianas, de boquetes en paredes, posta a punto de radiadores, reposición de bombillas e lámpadas, revisión dos porches e canalóns, ademáis do cambio de diferentes portas.
Xunto a estes leváronse a cabo algúns outros como arranxos nos diferentes baños e aseos, así como no exterior a revisión dos taboleiros e reparación do corcho do parque.
Obras que veñen a responder as demandas de ambas direccións dos colexios para que as instalacións mostrasen a súa mellor cara no momento de recibir os nenos e nenas que dan a benvida a un novo curso cargados de nova enerxía e ilusión.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.