O CPI Julia Becerra Malvar traballa nun proxecto sobre o “Cambio climático”

Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O CPI Julia Becerra Malvar traballa nun proxecto sobre o “Cambio climático”

Dende o CPI Julia Becerra Malvar informan que durante este curso 2018/19 o proxecto no que están a traballar é o “Cambio climático”.

Dende todos os niveis e na maior parte das áreas están traballando para que o alumnado se conciencia das causas e consecuencias do cambio climático e intente realizar accións que contribúan a evitar o empeoramento desta situación ou se é posible a mellorar este problema.

Entre outras actividades, o alumnado estudiou a orixe, causas e consecuencias do cambio climático; realizaron decálogos de comportamento escolar, recompilaron enunciados de grandes defensores da natureza e fixeron murais, leron noticias periodísticas relacionadas co tema, e fixeron un seguimento do proxecto “Compromiso pola terra” de Chus lago no Lago Baikal (https://sites.google.com/cpijuliabecerra.com/proxectobaikalcpijulia).

Neste contexto, teñen decidido realizar nunha parede que hai no entorno escolar, un mosaico con azulexos que ían ser tirados. Realizarase un mural co nome do centro escolar xunto cun debuxo que realizou unha alumna de 1º de ESO: Un libro do que sae un río (unión de educación/docencia e natureza).

Con isto preténdese que todo o alumnado sexa partícipe da elaboración do mosaico (dende Educación Infantil ata o último curso de E. Secundaria) e así se conciencien da importancia da reutilización de algúns refugallos, dándolle valor a un traballo realizado por todos.

A actividade será desarrollada dende as 8:15h ata as 14:50h do xoves día 28 de marzo na entrada do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia (Pontevedra).