O CPI Julia Becerra Malvar un exemplo de solidariedade na educación

Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Galicia,Ribadumia

O CPI Julia Becerra Malvar un exemplo de solidariedade na educación

O Cpi Julia Becerra Malvar integra a solidariedade na educación dos máis cativos, dando mostra disto a través de diferentes actuacións e propostas que tratan de integrar na formación dos seus alumnos.

O último exemplo foi a participación na carreira solidaria, que se levou a cabo de xeito simultáneo en varios puntos de Galicia, e que tivo lugar o venres para colaborar coa investigación contra a leucemia infantil. Para este fin recadaron no centro preto de 1000 euros, e colaboraron coa carreira as familias, a Anpa do Cpi, e o Concello.

Neste caso tamén o Cra de Ribadumia realizou a súa carreira para colaborar con esta boa causa, e os pequerrechos correron para ser solidarios coa leucemia infantil.

Pero o Cpi Julia Becerra Malvar, vai máis alá e é un dos puntos colaboradores co programa Conta comigo que está implantado en Ribadumia, e que consiste en formar a persoas voluntarias para poder constituír unha rede cidadá que se comprometa persoal e socialmente contra os malos tratos.

Neste afán por transmitir valores e saúde a través da educación e formación, o centro ten en práctica patios dinámicos, onde a ofrecen xogos tradicionais e o aire libre para que os nenos teñan diferente oferta e alternativas de xogos durante o recreo, introducindo ou recuperando algúns que estaban esquecéndose.