O Cunqueiro conmemorou o día nacional do neno hospitalizado

A escritora Ledicia Costas, xunto co ilustrador Andres Meixide, mantiveron una charla cos nenos e nenas hospitalizados no Álvaro Cunqueiro
Publicado por o día 14/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O Cunqueiro conmemorou o día nacional do neno hospitalizado

Os nenos e nenas hospitalizados no servizo de Pediatría do Álvaro Cunqueiro tiveron onte dobre celebración, o Día Nacional do Neno Hospitalizado e o día adiantado das Letras Galegas.

Para isto contouse coa visita da escritora viguesa Ledicia Costas, que acompañada do ilustrador Andrés Meixide, mantivo unha xuntanza cos pequenos pacientes na que compartiu experiencias e impresións da lectura do seu último libro “A señorita Bubble”.

Posteriormente, sumándose á campaña nacional da Fundación Atresmedia, lanzaron xunto ás súas familias e persoal do hospital, miles de bicos dirixidos a todos aqueles pequenos ingresados noutros hospitais españois.