O déficit de efectivos no servizo de bombeiros dos últimos anos fai carecer de seguridade aos vigueses

Hoxe, día 9 de Xullo, un conductor do parque de zona de Balaidos tivo que ausentarse do seu posto para acudir ó médico por indisposición, como puido saber noticiasvigo.es.

Ás 08:17 o equipo de 1.ª Intervención dese parque acudiu a un incendio nun edificio na Avenida de Castelao e pola falta do conductor da autoescala dese parque tivo que sair a autoescala de Teis, duplicando o tempo de chegada escenario sea intervención e tendo que esperar o equipo por este vehículo para intervir no edificio pola fachada, estas situacións vanse acumulando na cidade de Vigo desde moitos anos.

O déficit de efectivos no servizo de bombeiros dos últimos anos está a provocar unha discriminación ós cidadáns vigueses por razons de onde viven, pois o parque de Balaidos sempre contou con menos efectivos. Se a cidade divídese en duas zonas e cada zona ten un parque, “non seria lóxico xestionar para que dispuxesen da mesma cantidade de efectivos?” preguntase o colectivo Vigo Sen Bombeiros

“Incomprensible esta teima de non querer solucionar unha grave deficiencia de persoal nun servizo básico esencial como é o de bombeiros de Vigo”, argumentan e finalizan en declaracións a NoticiasVigo.es.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM