O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, inaugurou hoxe no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a xornada “20 anos traballando coas persoas”, organizada pola Fundación Érguete-Integración.
Neste contexto, o representante autonómico destacou a contribución da fundación que lidera Carmen Avendaño á formación e á inserción laboral dos drogodependentes. Unha tarefa na que, dixo, “teredes sempre camiñando ao voso carón á Xunta de Galicia”.
O apoio da Administración autonómica tanto cos servizos coma cos programas que pon en marcha Érguete, plásmase nos máis de 200.000 euros que se lle concederon o ano pasado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.