O delegado da Xunta en Vigo recibe aos organizadores da sexta edición do Concerto Solidario de Nadal ‘Por Eles’

Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia,Vigo

O delegado da Xunta en Vigo recibe aos organizadores da sexta edición do Concerto Solidario de Nadal ‘Por Eles’

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu hoxe aos organizadores da sexta edición do Concerto Solidario de Nadal “Por eles”. A Gala Benéfica en favor da Asociación de Iniciativa Social Berce e Bicos de Papel terá lugar o vindeiro 20 de decembro ás 20.00 horas no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.