O delegado da xunta en Vigo visita conservas Valcárcel, unha das 49 pemes de Vigo beneficiarias do programa Galicia Exporta

Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia,Vigo

O delegado da xunta en Vigo visita conservas Valcárcel, unha das 49 pemes de Vigo beneficiarias do programa Galicia Exporta

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe Conservas Valcárcel, unha das 47 pemes viguesas beneficiarias das axudas do programa Galicia Exporta Empresas desenvolto polo Igape.

No conxunto da área territorial de Vigo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder, a través desta iniciativa de impulso á internacionalización, axudas por preto de 1,4 millóns de euros para apoiar a 78 pemes.

Nestas convocatorias participan compañías de eidos como a alimentación, TIC, o téxtil, os servizos, a madeira-moble, a maquinaria, o naval ou a construción, que desenvolverán accións en 97 mercados de todo o mundo, como a creación de tendas online, a participación en feiras e eventos internacionais e a planificación de axendas de reunión no estranxeiro ou seguimento de clientes.

As axudas do Galicia Exporta Empresas cobren o 70% dos custes, cun máximo de 70.000 euros por solicitude e compañía. As pemes beneficiarias poderán avanzar na súa internacionalización cara a mercados como China, Estados Unidos, Cuba, Arabia Saudí, Australia, Brasil, Arxentina, México, Emiratos Árabes Unidos, Rusia, Marrocos, Xapón ou Colombia, así como cara a distintos países europeos.