O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse

Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, como Concello adherido o Programa da Deputación de Pontevedra “DEPOTERMAL 2019”, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse dende o día 28 de Febreiro ata o 29 de marzo.

O Plan Depotermal da Deputación Provincial, pon en marcha os dous programas termais

O Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos en quendas de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de duas horas as instalacións dun balneario, talaso ou espá da provincia.

O Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres.

Poderán acceder a este programa as persoas empadroadas nos Concellos da Provincia de Pontevedra que reunan os requisitos exixidos, entre eles o de ser : Nacidos antes do 1 de xaneiro de 1969. No caso de nacer con posterioridade: ter a condición de pensionista ou ter recoñecido unha discapacidade igual ou superior o 65%, precisar dun respiro familiar.

As parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos.

As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura e presentar tramitar a súa solicitude.