O departamento de Mobilidade inicia a campaña 2019 do Plan De Conservación de Firmes na Zona do Salnés

O deputado Uxío Benítez anuncia a rehabilitación de vinte estradas cun orzamento de 700.000 euros e un prazo de execución de catro meses
Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia

O departamento de Mobilidade inicia a campaña 2019 do Plan De Conservación de Firmes na Zona do Salnés

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai iniciar mañá a campaña 2019 do Plan de Conservación de Firmes na zona do Salnés. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, o contrato permitirá mellorar unha vintena de estradas provinciais da comarca e no Concello de Valga nas que se detectaron deficiencias, mellorando de xeito puntual treitos e áreas que están en mal estado con levantamentos, fochancas, fendas ou cuarteados. As actuacións deste ano completan a planificación a catro anos vista que xa se iniciara o ano pasado.

A previsión é que no día de mañá se inicien as obras na EP-9206 Portonovo-Vichona, realizando un fresado e reposición de firme duns 5.000 metros cadrados de calzada. Os traballos comezarán pola zona de Sanxenxo, agardando rematar a finais da próxima semana. Cando o firme estea totalmente consolidado  realizarase posteriormente o pintado da sinalización horizontal.

Hai que lembrar que o departamento de Mobilidade está a realizar unha batida de renovación da rede viaria por toda a provincia a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para toda a provincia. Esta fórmula de contratación para realizar melloras de firmes supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias.

O novo contrato marco anual de conservación que se está a aplicar supón na práctica unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias en calquera un dos firmes da rede provincial por parte do persoal da Deputación.

Dentro da extensa rede de estradas pertencentes a Deputación estableceuse unha división por zonas para acometer obras de reparación de firmes ao abeiro do acordo marco. A zona E comprende os concellos de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, e Illa de Arousa. As actuacións desta campaña teñen un orzamento de 699.868,86 euros, un prazo de execución de catro meses, e comprenderán as seguintes estradas:

VALGA

  • 8503 CORDEIRO – SENÍN
  • 8504 O FORNO – AS CERNADAS
  • 8505 FERREIRÓS – VILAR

CAMBADOS

  • 9002 FEFIÑÁNS – OUBIÑA
  • 9003 VARIANTE DE CAMBADOS

GROVE

  • 9101 O GROVE – IGREXA DE SAN VICENTE

SANXENXO

  • 9201 SANXENXO – BORDÓNS – E.SAMIEIRA
  • 9202 NANÍN – IGREXA DE BORDÓNS
  • 9205 SANXENXO – MEAÑO
  • 9206 PORTONOVO – VICHONA
  • 9207 VICHONA – DENA
  • 9213 A GRANXA – DORRÓN

MEAÑO

  • 9305 COIRÓN – RIBADUMIA – LEIRO

MEIS

  • 9404 IGREXA DE PARADELA

RIBADUMIA

  • 9502 SISÁN – PONTE DE ESTACAS
  • 9503 SISÁN – PADRENDA
  • 9504 LEIRO – BESOMAÑO – RIBADUMIA
  • 9505 RAMAL DA IGREXA DE BARRANTES
  • 9509 OS MUÍÑOS NOVOS – TABUEIROS

VILANOVA DE AROUSA

  • 9703 VILANOVA – PONTEARNELAS

Este lote de mellora de estradas estará a cargo da empresa ‘Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa SL’.