O deporte galego chora o pasamento de Alejandro Gómez, “probablemente o mellor atleta que ten dado Galicia”

No mes de xullo anunciouse que o campionato galego de 10.000 metros levará o nome do deportista olívico
Publicado por o día 31/01/2021 na sección de Atletismo,Deportes,Galicia,Sucesos,Vigo

A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome do seu titular, José Ramón Lete Lasa, lamenta profundamente o pasamento de Alejandro Gómez, “un home que deixa tras de si unha traxectoria como exemplo para os máis novos coas súas tres participacións olímpicas, nove campionatos de España e unha morea de excelentes clasificacións en europeos e mundiais da longa distancia. Falamos, probablemente, do mellor atleta galego de todos os tempos, por quen foi, polo que fixo e polo que supuxo”.

No mes de xullo do pasado ano e na homenaxe rendida ao ‘galgo de Zamáns’ a Xunta de Galicia, a través do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, fixo entrega dunha placa conmemorativa ao atleta vigués Alejandro Gómez en recoñecemento “á súa dedicación e compromiso co deporte galego”. Ademais, anunciouse que o campionato galego de 10.000 metros levará o nome do deportista olívico.

Cómpre lembrar que no ano 2014, Alejandro Gómez recibiu de mans do presidente ds Xunta a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia que recoñecen a labor a favor da promoción e fomento do deporte e da educación física na comunidade galega.

Comentar noticia

Your email address will not be published.