O desaloxo do Centro Cívico de Teis reponde unha vez máis o afan represor e persecutorio de Abel Caballero

Por o 15/04/2014 | Sección: Anova,Política
O desaloxo do Centro Cívico de Teis reponde unha vez máis o afan represor e persecutorio de Abel Caballero
Compartir en:
O Coordenador local de ANOVA en Vigo,Fran Riveiro,opina que o desaloxo do Centro Cívico de Teis reponde,unha vez máis,o afan represor e persecutorio do Alcalde, Abel Caballero,o movemento veciñal e asociativo da cidade que se mostra crítico coa sua xestión.
 
Neste caso,tócalle  os veciños de Teis que veñen denunciando dende hai tempo as deficiencias nas infraestruturas do barrio sendo ignorados tanto po-lo Alcalde como po-lo Concelleiro de Participación Cidadá,Santos Héctor.
Por outra banda,este cambio no modelo de xestión,semellante o do PP,por parte do Concello responde o interese deste por “beneficiar” a empresas amigas e fomentar a rede clientelar nos espazos públicos dependentes do mesmo.
 
Proba desto é que ANOVA ten información,que fai pública,sobre a Coordenadora dos Centros Cívicos na que dita persoa está desempeñando as suas funcións incumplindo o pliego de condicións para dito posto. O máis relevante é que dita persoa está vinculada o ex-secretario da UXT-Vigo,Antonio Juste.
 
ANOVA Vigo exise que tódalas contratacións que se fagan en entidades dependentes do Concello de Vigo sexán por medio dunha oferta pública de emprego e de xeito transparente na que todas as persoas estén en igualdade de condición a hora de acceder os postos,e non como agora,que ben parecen de adxudicación directa a “dedo”.
ANOVA Vigo apoia as mobilizacións dos veciños de Teis para recuperar a xestión do Centro Cívico o cal levan xestionando den hai 12 anos e pide,nomeadamente, a rectificación do Concello de Vigo e que aclare a contratación da Coordinadora dos Centros Cívicos de Vigo.