O desfile de comparsas trasládase ao venres día 15 de marzo. Mantense para mañá o enterro da sardiña

Publicado por o día 06/03/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

O desfile de comparsas trasládase ao venres día 15 de marzo. Mantense para mañá o enterro da sardiña

A concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Hortensia Bautista, informa que o desfile de comparsas de entroido previsto para esta tarde, adíase ao venres día 15 ás 17 horas dadas as previsións metereolóxicas adversas.

Tal e como se quedara na reunión mantida coa comparsas na casa do concello, o enterro da sardiña celebrarase mañá mércores día 6 a partir das 19 horas con saída dende a casa do concello e co percorrido habitual.