O Concello do Grove aprobou as bases para o concurso de disfraces do Entroido 2019. O mesmo celebrarase na data tradicional do martes de Entroido o vindeiro día 5 de marzo dando comezo ás 17.00 horas. O percorrido previsto parte da Praza do Corgo, que será tamén o lugar onde se realicen as inscricións, e pasará por Beiramar, Luis Casáis, Castelao e Rúa da Praza, entre outras.
Para participar é necesario realizar a inscrición previa entre as 15.30 e as 16.45 horas na Casa do Concello. O Goberno local incide en que os participantes consulten previamente as bases do concurso xa que nas mesmas se dan indicacións concretas de limitacións de tamaño para as carrozas (para poder circular adecuadamente polas rúas do Grove) ou indicacións no relativo a seguridade que serán tidas en conta para poder participar.
As bases e a ficha de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello do Grove e no Facebook de Entroido do Grove.
Noticias de última hora en Vigo