O día da mascota no Centro Comercial Travesía

Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O día da mascota no Centro Comercial Travesía

O vindeiro xoves día 19 de setembro celébrase no Centro Comercial e de Lecer Travesía a IV edición do Día da mascota. Durante todo o día Travesía dá a benvida a todos aqueles visitantes que queiran acceder ao Centro coas súas mascotas para gozar dunha tarde de compras acompañados dos seus fieis compañeiros. Na súa páxina web, www.cctravesia.com onde informan desta acción é posible ver que tendas deixan acceder coas mascotas e en cales non.

A entrada ás mascotas permitirase durante un día enteiro todos os meses, se é posible o terceiro xoves de cada mes, e ademais todas aquelas persoas que o desexen poderán apuntarse ás sesións gratuítas que impartirá a adiestradora canina Sheila Alfonso de Vai de Cans. Ademais, é instrutora canina en operacións de detección e procura, rescate e salvamento con cans e formouse en diversas actividades como Disc Dog e freestyle.

A sesión que impartirá Sheila terá lugar o xoves 19 de setembro a partir das 17:00 horas na Terraza da planta alta do Centro Comercial e será necesario reservar praza para asistir.

Máis información e inscricións no correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono 986 277 908.