O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas destinadas ás entidades locais galegas para a promoción da igualdade, que con esta ampliación de 215.051 euros acadan un investimento total de 6,6 millóns de euros.
Cómpre lembrar que esta liña de axudas xa contemplaba que o orzamento inicial máximo de 6,3 millóns de euros podería verse ampliado se fose necesario en función do volume de solicitudes recibidas.
En concreto, amplíanse as axudas ao programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar. A contía varía así dos 800.000 euros iniciais ata 1 M€. Trátase dunha das catro liñas desta orde dirixida a programas que permitan fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través de medidas que aposten pola conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Polo momento, xa se beneficiaron destas axudas 77 entidades locais galegas, segundo a resolución publicada no DOG o pasado venres.
A través destas axudas apóianse outras dúas liñas, tamén cofinanciadas polo Fondo Social Europeo: unha dirixida á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero que chegou a 50 entidades locais; e outra para o funcionamento dos 82 Centros de Información ás Mulleres (CIM) da comunidade.
As subvencións para a posta en marcha de promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero inclúen a posta en marcha de accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual.
Pola súa banda, os CIM reciben apoio para a contratación que permitan cubrir postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, co obxectivo de reforzar a atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
A orde de axudas conta ademais cunha cuarta liña destinada a accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres enmarcase no desenvolvemento en Galicia das medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, da que se beneficiaron 124 entidades locais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.