O director da Agadic participa na presentación do 15º Festival Internacional Play-Doc de Tui

Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Galicia,Tui,Xunta de Galicia

O director da Agadic participa na presentación do 15º Festival Internacional Play-Doc de Tui

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da décimo quinta edición do Festival Internacional Play-Doc, que se desenvolverá en Tui do 3 ao 7 de abril con proxeccións, actividades formativas, musicais e encontros profesionais arredor do xénero documental. Na rolda de prensa celebrada no Teatro Municipal tudense, sede principal do festival, participaron tamén o alcalde, Carlos Padín, o codirector do Play-Doc, Ángel Sánchez, e Beli Martínez, responsable da sección Panorama Galicia.

O responsable da Agadic valorou de xeito moi positivo os contidos de Play-Doc, que este ano lle dedica monográficos ao actor do Hollywood dos 50 Sterling Hayden e ao cineasta filipino de culto Kidlat Tahimik. Destacou especialmente a inclusión na carteleira de obras de realizadores galegos, tales como Arancha Brandón, Iria Sanjurjo, Eloy Domínguez Serén, Alexandre Cancelo, David Varela ou Adrián Canoura.

Comentar noticia

Your email address will not be published.