O dispositivo de verán da Policía Local de Vigo dispón de 29 axentes para praias e montes

O alcalde de Vigo informou este luns de que o pasado fin de semana xa comezou a traballar o dispositivo de verano da Policía Local para praias, montes e Illas Cíes. Serán catorce os axentes que este ano traballen nos areais e outros quince os que vixíen os montes vigueses.
Por o 09/07/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O dispositivo de verán da Policía Local de Vigo dispón de 29 axentes para praias e montes

Abel Caballero informou este luns de que preto dunha trintena de axentes xa traballan desde a pasada fin de semana no dispositivo de verano da Policía Local de Vigo para as praias (incluídas as Illas Cíes) e os montes.

Así, un total de catorce policías vixían desde Bouzas e Alcabre ata Canido (con desprazamentos constantes a Saiáns e A Punta). Ademias, o servizo nas Illas Cíes faise o fin de semana e días alternos, de maneira que o número de axentes increméntase segundo a necesidade e fan servizo nocturno na illa os fines de semana e vísperas de festivo.

Pola súa banda, nos montes de Vigo traballan quince axentes distribuídos en patrulla rural, unidades motorizadas e unidade equina (7 cabalos). Recorren montes, Senda da Auga, Camiño de Santiago, ruta do Lagares, parques forestais e camiños de sendeirismo.

Humanización da rúa Purificación Saavedra
Ademais, o alcalde informou das obras de humanización da rúa Purificación Saavedra, desde Sanjurjo Badía ata Travesía Foxos. O importe da licitación foi 306.096 euros e o prazo de execución é de cinco meses.

Abel Caballero sinalou que a partir de mañá haber á corte de tráfico na rúa para poder actuar sobre unha superficie total de 1.125 m2 e 127 metros lineais. A actuación inclúe a renovación de pavimentos en beirarúas, calzada e acceso a aparcamentos, renovación do alumeado, rede de abastecemento e rede de rego.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.