O DOG publica hoxe o nomeamento dos 241 médicos de familia que aprobaron a oposición

Ademais se recolle o nomeamento de 18 postos no grupo de xestión da función administrativa; 9 de grupo técnico da función administrativa; 7 de enxeñeiro técnico; e 6 de técnico superior en documentación sanitaria
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Sanidad

O DOG publica hoxe o nomeamento dos 241 médicos de familia que aprobaron a oposición

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe o nomeamento dos 241 aspirantes seleccionados na última oferta pública de emprego da categorías de médico de familia de atención primaria. Ademais se recolle o nomeamento de 18 postos no grupo de xestión da función administrativa; 9 de grupo técnico da función administrativa; 7 de enxeñeiro técnico; e 6 de técnico superior en documentación sanitaria.

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de decembro próximo.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do interesado, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Con esta publicación declárase finalizado o proceso de concurso-oposición para estas categorías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.