O DOG publica unha segunda convocatoria das axudas de Medio Rural para o sacrificio obrigatorio de gando para o ano 2019

Deste xeito, seguiranse tramitando as solicitudes de indemnizacións xa presentadas e as novas que cumpran cos requisitos establecidos na convocatoria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais consonte aos programas oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades. O orzamento total é de 200.000 euros.

Esta medida adóptase para seguir tramitando as solicitudes de indemnizacións xa presentadas e as novas que cumpran cos requisitos establecidos na convocatoria, tras esgotarse o crédito da primeira convocatoria publicada no pasado mes de xaneiro.

Os beneficiarios destas achegas son os titulares de explotacións gandeiras correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma que de forma obrigatoria, por orde da autoridade competente en sanidade animal da consellería, tivesen que sacrificar os seus animais por mor da aplicación de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades.

Para ter dereito a estas indemnizacións é imprescindible cumprir a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal. Ademais, tamén é de obrigado cumprimento estar ao día nos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio dos animais, ordenado pola Consellería do Medio Rural.

O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde mañá ata o vindeiro 29 de novembro, incluído.

Pódese consultar a orde na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191104/AnuncioG0426-241019-0002_gl.html

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM