O Eixo Cafeteiro colombiano estuda as posibildades da Zona Franca de Vigo para introducir os seus produtos en Europa

Por o 13/09/2018 | Sección: Galicia,Vigo
O Eixo Cafeteiro colombiano estuda as posibildades da Zona Franca de Vigo para introducir os seus produtos en Europa

Unha delegación dos tres departamentos que constitúen o chamado “eixo cafeteiro” de Colombia mantivo esta mañá reunións de traballo co delegado do Consorcio, David Regades, e o seu equipo técnico para analizar as posibilidades de utilizar as vantaxes da Zona Franca de Vigo como punto loxístico de entrada nos mercados europeos. Esta delegación, que veu introducida polo alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, forma parte dos empresarios e representantes colombianos que están a preparar unha exposición que sobre o científico e prócer da independencia de Colombia, Francisco José de Caldas e Tenorio, inaugurarase en outubro no Museo de Pontevedra. En representación do Alcalde de Vigo, tamén asistiu á reunión o concelleiro Cayetano Rodríguez Escudeiro.

Regades expuxo aos integrantes da delegación as vantaxes fiscais de operar a través da zona franca, co correspondente adiamento de impostos, seguridade das mercadorías e contactos comerciais; así como outras posibilidades de instalación de empresas que o Consorcio ofrece nos máis de seis millóns de metros cadrados que administra nos seus parques empresariais.

Segundo explicaron os representantes colombianos, ademais de café e ron, pola importancia cultural e a paisaxe dos propios cultivos do café do Eixo Cafeteiro, conformado polos departamentos de Risaralda, Caldas e Quindío, a Unesco declarou en 2011 a esta rexión interandina como Patrimonio Cultural da Humanidade. A capital do Caldas colombiano, Manizales, foi tamén distinguida como a primeira cidade para facer negocios do país debido á súa seguridade xurídica, a potencia empresarial, o clima e a súa calidade de vida. Próxima ás zona franca de Risaralda, actualmente estase deseñando unha plataforma logísitica desde a que operar cos produtos da comarca.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.