O envío das coordenadas a través do móbil permitiu ao 112 Galicia localizar a unha parella de sendeiristas en Esgos

Publicado por o día 23/08/2020 na sección de Sucesos

O envío das coordenadas a través do móbil permitiu ao 112 Galicia localizar a unha parella de sendeiristas en Esgos

Dúas persoas foron localizadas no concello de Esgos na noite de onte grazas ao envío das súas coordenadas ao 112 Galicia a través da aplicación WhatsApp.

O incidente tivo lugar pasados escasos minutos das 20:45 horas, cando unha persoa particular chamou para solicitar axuda tras perderse coa súa parella mentres facían unha ruta de sendeirismo preto do Mosteiro de San de Pedro de Rocas, na parroquia de Rocas. Segundo indicaba eran incapaces de regresar a ruta despois de saír do sendeiro.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron á persoa o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxes instantáneos. Nada máis ter constancia da localización, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da vila.

Deste modo, poucos minutos despois das dez da noite, o equipo de voluntarios chegaron á localización dos sendeiristas e confirmaron ao 112 que ambas persoas atopábanse en perfecto estado de saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.