O envío das coordenadas ao 112 permitiu aos servizos de emerxencia localizar a unha peregrina perdida nunha zona de difícil acceso, na Guarda

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de A Guarda,Galicia,Sucesos

O envío das coordenadas ao 112 permitiu aos servizos de emerxencia localizar a unha peregrina perdida nunha zona de difícil acceso, na Guarda

Unha peregrina que se perdeu nunha zona rochosa, tras desviarse da ruta, cando facía o Camiño de Santiago, foi localizada en bo estado grazas ao envío das coordenadas a través do seu teléfono ao 112 Galicia.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, a peregrina, de fala inglesa, non dispoñía de Whatsapp. Sen embargo, grazas á consulta en Google Maps, puido enviar as coordenadas ao centro de emerxencias para facilitar a súa localización, ao explicarlles os xestores, a maneira de facelo. Ela mesma indicaba que saíra da Guarda, dirección Norte e que se desviara para visualizar a paisaxe, continuou camiñando ata decatarse que estaba perdida, situación que a puxo moi nerviosa.

Tras recibir a chamada de alerta, pasados uns minutos das 13:00 horas deste mediodía, o 112 Galicia decontado informou aos axentes da Garda Civil, Policía Local e aos membros do GES da Guarda, que axiña localizaron á peregrina.

Efectivos do GES confirmaron que a afectada, salvo algunhas rabuñadas foi atopada en bo estado, nunha zona acantilada de difícil acceso entre os concellos de A Guarda e Noia, tras seguir o camiño polas rochas. Con todo, procedía a retomar a súa ruta.

Así mesmo, a Garda Civil e os mesmos efectivos do GES comunicaron ao 112 Galicia que tiveron que auxiliar a outras tres persoas que facían a mesma ruta, ao atoparse desorientadas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.