O envío das coordenadas ao 112 permitiu aos servizos de emerxencia localizar a unha persoa perdida, en As Pontes

Publicado por o día 24/05/2020 na sección de Sucesos

O envío das coordenadas ao 112 permitiu aos servizos de emerxencia localizar a unha persoa perdida, en As Pontes

Unha persoa que se perdeu cando camiñaba preto das Pontes, foi localizada en bo estado grazas ao envío das coordenadas a través do seu teléfono ao 112 Galicia.

Foi o mesmo afectado quen contactaba, ás 04:30 horas, co 112 Galicia para solicitar axuda xa que atopábase desorientado nunha zona que non coñecía.

Para facilitar a súa localización, os xestores do 112 Galicia solicitaron á persoa o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxes instantáneos. Nada máis ter constancia da localización, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade. De este modo, os equipos de emerxencia puideron acudir ao rescate da persoa perdida, que se atopaba moi preto do encoro de Ribeira.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha vez localizado, foi trasladado a un centro médico para certificar que se encontrase en bo estado de saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.