O equipo de drons da AXEGA colabora na busca dun octoxenario desaparecido en Boimorto

Publicado por o día 02/03/2020 na sección de Sucesos

O equipo de drons da AXEGA colabora na busca dun octoxenario desaparecido en Boimorto

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colabora coa Garda Civil na busca dun octoxenario desaparecido na noite deste sábado en Boimorto.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 00:15 horas do domingo mediante a chamada dun particular que informaba da desaparición do home. Segundo explicou, o home do Lugar de Romelas, foi visto por última vez por unha veciña, sobre as 20:00 horas.

Con esta información, desde o 112, pasouse aviso á Garda Civil, que activou un operativo de busca e ao que, ademais dos drons da AXEGA, sumáronse os voluntarios de Protección Civil de Boimorto e de Arzúa.

Deste xeito, desde primeira hora da tarde deste luns, un equipo do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA especializado no manexo dos drons, sobrevoará a zona para tratar de localizar ao desaparecido.