O equipo de goberno de Ponte Caldelas sumáse ás voces que reclaman que o aparcamento do “Gran Montecelo” sexa gratuíto

Publicado por o día 12/04/2018 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

O equipo de goberno de Ponte Caldelas sumáse ás voces que reclaman que o aparcamento do “Gran Montecelo” sexa gratuíto

O Goberno local de Ponte Caldelas, diante das dúbidas suscitadas trala presentación do proxecto do novo hospital da área sanitaria de Pontevedra, súmase ás peticións institucionais e cidadáns que se están a producir para que se garanta a gratuídade do aparcamento previsto no proxecto presentado esta semana.

Apoiamos unha sanidade pública de calidade e rexeitamos os modelos de privatización e negocio ao redor dun servizo que todos e todas precisamos, en maior ou menor medida.
Ponte Caldelas lembra que a área sanitaria de Pontevedra leva moitos anos agardando á “homologación” da súa dotación hospitalaria coa construción do que agora se deu en denominar “Gran Montecelo”. Un hospital que estaba listo para a súa licitación no ano 2009 e que, despois de moitas voltas e ata tres proxectos distintos, coas súas correspondentes maquetas, vólvese presentar agora anunciando unha hipotética inauguración para o ano 2021.