O equipo de goberno do Concello de Ribadumia reúnese cos veciños de Leiro para exporlles os proxectos previstos para a parroquia

Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O equipo de goberno do Concello de Ribadumia reúnese cos veciños de Leiro para exporlles os proxectos previstos para a parroquia

O próximo domingo día 27de xaneiro, as 12:15 horas, no Centro social de Leiro, o equipo de goberno do Concello de Ribadumia ten convocados a todos os veciños da Parroquia de Leiro para unha reunión veciñal na que falar sobre os próximos proxectos de 2019.

Deste xeito, despois dun breve resumo do xa feito ata o de agora, onde se atopan as obras de mellora do cemiterio parroquial, trataranse as novas actuacións que se van a levar a cabo en breve.

Proxectos que se atopan xa solicitados o Plan Concellos e que recollen a ampliación, a mellora de firmes e da seguridade viaria de diversos camiños.

Pero tamén se exporá a resolución que se lle vai a dar a problemática existente cos titulos de propiedade dunha fase do cemiterio, o cal é unha demanda reiterada polos veciños de Leiro.

A reunión tamén tratará outros temas de interés para os veciños como é o plan de pagos personalizado para aboar os recibos dos impostos municipais neste 2019 ou de cara a próximos exercicios fiscais.

Ademais esta reunión será aproveitada para escoitar as necesidades dos veciños e as súas propostas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.