O equipo de goberno do Concello de Ribadumia reúnese cos veciños de Lois para presentar as próximas actuacións na parroquia

Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O equipo de goberno do Concello de Ribadumia reúnese cos veciños de Lois para presentar as próximas actuacións na parroquia

Hoxe ás 11:45 horas, no Centro social de Lois, o equipo de goberno do Concello de Ribadumia tivo unha xuntanza con todo os veciños da Parroquia de Lois para unha reunión veciñal na que falaron sobre os próximos proxectos para este ano 2019.

Deste xeito, despois dun breve resumo do xa feito ata o de agora, trataranse as novas actuacións que se van a levar a cabo en breve. Entre estas cabe destacar as canalizacións de augas pluviais tanto no lugar de Seara como na Aldea do Monte, onde as actuacións están incluídas nunha partida que ascende a 27.192,80 €, obras que están aprobadas no Plan Concellos 2018 e que están tan só pendentes de execución.

Por outra banda é de destacar o Acondicionamento dun víal en Cruz, actuación solicitada no Plan Concellos 2019, ou outra demanda dos veciños de Lois nas diferentes reunións veciñais mantidas ata o de agora e a cal se lle vai dar resposta é o Acondicionamento do recinto do Cra e Centro Social de Lois.

Ademais esta reunión será aproveitada para escoitar as necesidades dos veciños e as súas propostas.