O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

Esta semana celebrarán xuntanzas en Pexegueiro e Guillarei
Publicado por o día 15/03/2019 na sección de Galicia,Tui

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Esta semana vanse reunir mañá venres, ás 20.30h na Casa Cultural de Pexegueiro, e o sábado, a mesma hora, na Casa Cultural de Guillarei.

Nas últimas semanas o equipo de goberno mantivo encontros cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos, Rebordáns, Ribadelouro, Caldelas e Randufe.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

Comentar noticia

Your email address will not be published.