O equipo dos drons da AXEGA súmase ao operativo de busca dun sexaxenario desaparecido en Monforte

Publicado por o día 30/08/2018 na sección de Sucesos

O equipo dos drons da AXEGA súmase ao operativo de busca dun sexaxenario desaparecido en Monforte

O equipo dos drons da Axencia Galega de Emerxencias súmase ao operativo de busca activado pola Policía Nacional tras a desaparición dun home en Monforte.

Así, esta mañá, os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA trasladaron á localidade luguesa o equipo de drons para participar nos rastrexos que se realizará nun espazo acoutado pola Policía Nacional.

Compre sinalar que as últimas noticias que se tiveron do desaparecido foron o pasado día 3 de agosto, momento no que os axentes comezan a busca deste veciño duns sesenta anos de idade que pertence a unha asociación de persoas con discapacidade, pese a que dispón de autonomía e frecuentemente paseaba pola vila.

Ademais do equipo de drons da AXEGA, na xornada de hoxe, tamén colaborarán neste operativo os Bombeiros de Monforte.