O escritor guardés Francisco Álvarez “Koki” presenta o seu novo libro no mercado de Tomiño

O acto será o vindeiro venres e contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o escritor e crítico literario Armando Requeixo, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal
Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Galicia,Tomiño

O escritor guardés Francisco Álvarez “Koki” presenta o seu novo libro no mercado de Tomiño

O escritor e poeta guardés Francisco Álvarez, Koki, presenta o vindeiro venres, 19 de outubro, ás oito da tarde, no Mercado Municipal de Tomiño, a súa nova obra literaria, A memoria das palabras, “un cosmos poético no que o escritor une dous espazos e dous tempos: o Nova York emigrante no que el mesmo ten vivido tantos anos e a memoria da súa Guarda natal…”.

A presentación contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

Esta é unha actividade de balde, para persoas maiores de 12 anos, incluída na axenda cultural de outono do Concello de Tomiño.

Nado na Guarda en 1957, Francisco Álvarez “Koki”, reside en Nova York, cidade na que funda o colectivo Celso Emilio Ferreiro para amosar a cultura galega a través de distintas actividades. Autor de numerosos libros de poemas e prosa, define a A memoria das palabras, coma un traballo de poesía social e a el mesmo, coma a un “obreiro das palabras”. De maneira simultánea, vén de editar outras dúas obras, en Edicións Fervenza: “Un neno na emigración” e “Vasoiras Barreiro”, ambas as dúas, para público infantil.