O escritor vigués Pedro Feijóo saca unha apaixonante e intensa novela que nos arrastra ata posuírnos

A novela co titulo «Un lume azul» non defrauda conquistate
Publicado por o día 20/11/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O escritor vigués Pedro Feijóo saca unha apaixonante e intensa novela que nos arrastra ata posuírnos

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor. Exerceu profesionalmente como músico, cunha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro “Cousas do «Galicia», por Castelao” (1997), ao que seguiu a crónica “Viva o Fu Remol!” (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: “Os fillos do mar” (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2013; “A memoria da choiva” (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2015; “Morena, perigosa e románica” (Xerais, 2015), “Os fillos do lume” (Xerais, 2017), “Sen piedade” (Xerais,2018) e “Un lume azul” (Xerais, 2019). Ademais, publicou o libro “Camiñar o Vigo vello” (Xerais, 2018).

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha.

Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, Un lume azul é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.