O ex-alcalde Manoel Soto é ingresado na unidade de paliativos do Hospital Meixoeiro

Publicado por o día 27/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

O ex-alcalde Manoel Soto é ingresado na unidade de paliativos do Hospital Meixoeiro

No día de hoxe noticiavigo.es puido saber que ao rededor das 13:30 horas era trasladado do seu domicilio ata o hospital Meixoeiro o alcalde de Vigo Manoel Soto Ferreiro, no período 1979-1991, o ingreso tivo lugar ao rededor das 14:00 horas.

Manoel Soto foi un dos fundadores do PSdeG-PSOE clandestino en Vigo. Formou parte do devandito partido ata 1998, cando pediu a baixa para fundar, xunto con outros ex militantes do PSOE e independentes, un partido de esquerda e galeguista, Progresistas Vigueses.

Co PSdeG-PSOE foi alcalde de Vigo desde 1979 ata 1991. Nesa época houbo unha polémica polo chalé que construíu nas beiras da ría. Co seu novo partido concorreu ás eleccións municipais en 1999 conseguindo a lista encabezada por Soto un concelleiro. Antes das eleccións de 2003 incorporou á lista do partido a Agustín Arca Fernández, de Unión Galega, e xuntos conseguiron dous concelleiros.
 
Durante 2006, Manoel Soto participou co seu partido en reconstitución do desaparecido Partido Galeguista ao que se lle sumaron outros partidos independentes para así concorrer as eleccións municipais de 2007. Nestas eleccións Manoel Soto perdeu a súa acta de concelleira ao non obter o PG os votos necesarios (4.920 votos, 3,25%) para revalidala.
 
NoticiasVigo.es estará ao pendente do que vala acontecendo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.