O feminismo do país súmase aos colectivos feministas do Salnés na denuncia das declaracións machistas do Alcalde de Vilanova de Arousa

O feminismo do país súmase aos colectivos feministas do Salnés na denuncia das declaracións machistas do Alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, respecto a Carmela Silva, e reivindica que para acadar unha sociedade igualitaria os machistas deben estar fora das institucións
Por o 10/10/2018 | Sección: Colectivos Feministas,Social
O feminismo do país súmase aos colectivos feministas do Salnés na denuncia das declaracións machistas do Alcalde de Vilanova de Arousa

Os colectivos asinantes deste comunicado denuncian as impresentables declaracións do Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, onde cualifica á Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, de “chacha para todo”. Este tipo de afirmacións e condutas cara as mulleres, son demasiado habituais na vida política e os espazos públicos, e ilustran ese machismo rancio que non asimila o papel que nos corresponde ás mulleres de maneira lexítima. Queremos dicirlle a persoas como Gonzalo Durán que as mulleres que participamos nos postos de representación, no activismo ou a vida pública, chegamos para quedarnos. Que condutas como a súa non nos intimidan, que, ao contrario, reafirman a necesidade de máis feminismo e máis mulleres nas institucións. Que se lle quedara un pouco de dignidade política, retractaríase das súas palabras e seguidamente presentaría a súa dimisión.

Pero lonxe de arrepentirse das súas palabras, Gonzalo Durán reafírmase e cualifica a expresión “chacha para todo”, como un mero “modismo castelán”.  Parece que é necesario explicarlle a Gonzalo Durán, que a linguaxe nunca é inocente e que está impregnada do heteropatriarcado, polo tanto, o que para el é un simple modismo, é en realidade un modismo machista.

Sobre todo, como feministas que somos, queremos reivindicar a dignidade dos coidados e de tódalas tarefas asociadas e estes. Os coidados son o sostén invisibilizado da nosa sociedade, e cumpren un papel fundamental, sobre todo en tempos de crise e de debilitamento do noso sistema de benestar. Aí onde o estado e o sistema non chegaba, si o fixeron as familias, concretamente as mulleres. Queremos facer chegar o noso agradecemento ás nosas avoas, nais, fillas e irmás, e a todas aqueloutras mulleres e persoas que coidan. Non existe recoñecemento posible a todo ese traballo invisible.

Por último, insistimos respecto á necesidade de que o machismo estea fora das institucións, para que acabe por estar fora das nosas vidas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.