O Feminismo Unitario Vigo no 25 de novembro ‘dia internacional contra a violencia de xénero’ manifesta

Publicado por o día 19/11/2019 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Social,Vigo

O Feminismo Unitario Vigo no 25 de novembro ‘dia internacional contra a violencia de xénero’ manifesta

Na Galiza o feminismo comezamos a sair a rua o 25 de novembro ‘dia internacional contra a violencia de xénero’ no ano 1999, hai xa 20 anos, mais ainda que houbo alguns avanzos, foron moi limitados polo que un ano mais, sairemos às ruas este 25 de novembro, baixo o lema: ‘Feminismo radical, fronte a complicidade institucional’

E imos sair, coma sempre fortes e unidas porque esta é a mellor maneira de combater a violencia machista.

E fazemo-lo porque as violências machistas seguem presentes no nosso dia a dia con asasinatos machistas, violacións, publicidade machista, trata de mulleres, prostitución, e un longo etc que seria interminavel, e esa violencia sufrímola no traballo, na casa, na rúa, en todolos ámbitos das nosas vidas. Cando afirmamos que nom é un ‘caso aillado é o Patriarcado’ estamos a denunciar o Sistema Patriarcal que nos oprime polo feito de sermos mulleres.

No que levamos de ano foron asasinadas no Estado español 83 mulheres e 4 crianzas, na Galiza 6.

Na memoria da Fiscalía na Galiza entre 2015 e 2018 as  denúncias por ‘abusos’ sexuais medraron o 66% e as agresións sexuais o 49%

Os datos da violencia machista demostran que a pesar de contar con lexislación en materia de igualdade, non se está a cumprir. Por iso, ante a barbarie e a pasividade, o feminismo, temos que esixir respostas políticas, responsabilidade, feitos, compromisos reais, cumprimento da lexislación vixente e do Pacto de Estado como prioridade na axenda política. Non hai tempo que perder, xa chegan tarde. Poderiamos imaxinar que estas cifras de barbarie fora de asasinatos de políticos…

Instamos a todas e todos as persoas xornalistas a tódolos medios de comunicación a tratar os casos de violencia contra a muller: física, psicolóxica ou sexual,… como un problema social de primeira orde, derivado dun modelo patriarcal que está na orixe da desigualdade. Ou sexa en definitiva que cumplan o ‘decalogo de Compostela’, asinado no 2003, hai xa 16 anos, que marca as liñas de a información dende unha perspectiva de xénero para que sirva de ferramenta para concienciar a sociedade en xeral.

Non queremos mais postureo en dias sinalados: lazos violetas, actos institucionais no noso nome, faixas, discursos con palabras baleiras, fotos. .. exiximos un compromiso efectivo coas nosas demandas, compromisos que erradiquen a violencia de xénero. A loita contra o terrorismo machista require un compromiso constante e firme, un traballo diario. Está en xogo a nosa saúde e as nosas vidas. Exiximos o noso dereito a unha vida libre de violencia machista.

Estes últimos anos observamos unha maior sensibilidade social sobre as violencias contra as mulleres polo clamor popular xurdido a raíz de sentenzas como as das “manadas”. Pero o feminismo non somos unha moda pasaxeira, o feminismo veu para quedarse, e mais nestes tempos e que voltan a soar tambores de guerra contra os nosos dereitos, que tentan retrotraernos aos tempos do franquismo, a muller co pata quebrada e na casa, cumplindo en exclusiva o sagrado papel de boas nais e boas esposas.

Na Galiza, despois dos siniestros anos do franquismo, o Feminismo comezou a organizarse no ano 75, e aquí seguimos, e aquí seguiremos, organizadas, firmes defendendo o acadado e loitando polo que nos corresponde por xustiza e por dereito, porque unha sociedade onde a metade da pobación ten os seus dereitos mermados non é unha sociedade democrática.

Queremonos vivas!  Queremonos libres!

ACTIVIDADES EN VIGO 25N 2019

Martes 19 de novembro ás 19:00 h no IES Politécnico de Torrecedeira
Cineforum das curtas “Benvidas o club” e “El orden de las cosas”

• Mércores 20 novembro ás 19:00 h no Centro de documentación e recursos feministas (2 andar da Biblioteca Juan Compañel  na rúa Joaquin Yañez)
Faladoiro: “As mulleres, opinan?” co colectivo de Mulleres Xornalistas

• Xoves 21 de novembro ás 19:00 h na zona peonil do Calvario
Acción artística contra o feminicidio

• Sábado 23 de novembro ás 12:30 h na zona peonil do Calvario
Batukada feminista con reparto de información

Luns 25 de novembro ás 20:00  h
Manifestación con saída de Vía Norte e remate na Porta do Sol

Comentar noticia

Your email address will not be published.