O Festival de Jazz de Vigo aspira a converterse nun certame europeo nos próximos dez anos

O Festival de Jazz de Vigo se celebra en Vigo desde o 29 de xuño e o 4 de xullo, nunha edición na que o alcalde manifestou que “se abre unha nova etapa ambiciosa” que ten por obxectivo “fabricar” nunha década “un certame de ámbito europeo”. Así o dixo na presentación desta iniciativa cultural que o Concello con 150.000 euros.
Publicado por o día 18/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Festival de Jazz de Vigo aspira a converterse nun certame europeo nos próximos dez anos

Abel Caballero ratificou esta mañá o comezo dunha “nova senda” do Festival de Jazz de Vigo, con entidade propia e que busca responder “á enorme afección ao jazz” que hai en Vigo. “Temos que facer emerxer e facer moi visible esa cultura”, destacou o rexedor. Este evento, organizado polo Concello baixo a dirección artística de Yago Vázquez e Felipe Villar -este último presente na rolda de prensa-, contará con 19 formacións e solistas internacionais, nacionais e galegos e un orzamento integramente municipal de 150.000 euros. Os espazos nos que se vai desenvolver son o Auditorio Municipal de Vigo, A Casa das Artes, o Conservatorio Superior de Música ou lugares ao aire como a rúa Londres ou a Praza da Princesa.

Pola súa banda, Felipe Villar coincidiu co rexedor en que “se trata dun gran festival” e destacou que en Galicia “hai unha carteira importante de músicos cunha calidade espectacular”.