O festival sostible The Wild despídese cunha programación chea de maxia e natureza

Na súa derradeira xornada, o festival sostible The Wild achegará a todas as familias diversos eventos coma os Baños de Bosque, obradoiros e faladoiros e una selección do mellor cinema de natureza.
Publicado por o día 05/09/2020 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

O festival sostible The Wild despídese cunha programación chea de maxia e natureza

O festival sostible The Wild arrinca a derradeira xornada cunha morea de actividades co foco posto na sustentabilidade. Por suposto, nesta ocasión tamén haberán diversas actuacións e eventos pensados para os cativos.

Doutra banda, ao igual que o sábado, durante todo o día poderase desfrutar de diversos postos de artesáns e da arte de Eugenio Linares, quen creará en directo esculturas de madeira feitas con motoserra.

PROGRAMACIÓN DA MAÑÁ DO DOMINGO

O domingo ás 10.00 realizarase Baños de Bosque, unha actividade de relaxación e inmersión na natureza dirixida por Celine Girardon. Compre destacar que esta práctica é moi tradicional de Xapón, alí coñecida coma Shinrin Yoku, e que ten numerosos beneficios na saúde e o benestar das persoas que o practican.

Despois, ás 10.30 celebrarase o WorkShop LPF, Mais que Hipopresivos da man de Low Pressure Fitness Spain e dirixido por Piti Pinsach.  Low Pressure Fitness é un sistema de adestramento que consiste en exercicios posturais e respiratorios óptimos que permiten mellorar a postura, o rendemento, e solventar e diminuir problemas nas costas, respiratorios, circulatorios e somato-emocionais.

Xa ás 12.00, terá lugar o faladoiro Bewi, no que Iria Bewi mostrará a todos os asistentes produtos ecolóxicos para mascotas e a importancia da hixiene nos mantos caninos. Doutra banda, tamén ás 12.00, haberá obradoiros de pintura, cestería e coiro e, para os cativos, unha apaixonante procura do tesouro organizada por Territorio Comanche.

As actividades completaranse con dúas sesións vermú, á 13.00 e ás 15.00 amenizadas pola banda indie EX Hedera e Ollo Lóstrego, trío de rock vigués, respectivamente.

PROGRAMACIÓN DA TARDE DO DOMINGO

A partir das 16.30, tocará unha boa dose de maxia da man de Magia en la Manga, así coma estupendos contos da man do Bardo Abelardo que os nenos -e maiores- desfrutarán.

Xa a partir das 17.00 pecha a programación o cinema de natureza. Así, poderase ver O monte é noso, de Lorenzo Soler, un espectacular documental sobre a defensa do monte mancomún galego; Eucalyptus, de Elena R. Flores e Miguel Souto, no que diversos expertos relatan as consecuencias negativas que teñen as reforestacións de eucaliptos en Galicia; In Perpetual Motion, de Krystle Wright, que amosa o seu traballo coma fotógrafa de aventuras e Where The Wild Things Keep Playing, da mesma directora, quen continúa visualizando a presenza das mulleres no eido deportivo.

Completan a mostra DreamRide, de Ryan Gibb, unha viaxe máxica por entornos de Utah, Nevada, California ou Oregón e Ashes and Snow, de Gregory Colbert, un filme que captura momentos extraordinarios de contacto entre persoas e animais vistos dende a lente da cámara do artista en máis dunha trintena de expedicións a algúns dos lugares máis remotos da terra.

PREZOS

O domingo a entrada será de balde.

THE WILD FEST

Na súa primeira edición, que tivo lugar do 28 ao 30 de xuño en San Miguel de Oia, acudiron máis dun millar de persoas co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente e máis de 200 persoas acudiron a The Wild Race, unha apaixonante carreira de obstáculos.  

Na vindeira edición, The Wild, que  se celebrará o 5 e 6 de setembro, buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.