O alcalde asegura a repercusión do evento, que se celebra do 22 ao 24 de novembro, e coincide co acendido do Nadal. Este festival ofrecerá 25 concertos en distintas zonas da cidade.
A segunda edición do Festival Super Bock Under Fest ofrecerá en Vigo máis de 25 concertos en distintos espazos de toda a cidade entre os días 22 e 24 de novembro. Caballero presentou esta mañá o evento, xunto con representantes das entidades organizadoras, e asegurou que terá “enorme repercusión ao coincidir, ademais, co encendido das luces de Nadal o día 23”.
O festival, organizado por Sweet Nocturna co apoio do Concello, ofrece unha programación variada e de calidade que xuntará artistas internacionais, nacionais e locais repartidos en diferentes espazos do centro da cidade como a Biblioteca EMAO, Casa de Arriba, A Fábrica de Chocolate, A Iguana Club, Mondo Club, Mogambo Club, Museo MARCO, Sala Kominsky, Reserva Rock e Teatro Salesianos.
A artista canadense Peaches será un dos pratos fortes do festival que contará con outros grupos como Villagers, Eli ‘’ Paperboy’’ Reed, The Soft Moon e Derby Motoreta’ s Burrito Kachimba.
David Lago, de Sweet Nocturna, apuntou que o abono que dá acceso aos concertos do festival custa 25 euros, “un prezo que sería imposible conseguir sen o apoio do concello, xa que veñen grupos de moito prestixio”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.