O foro socioeducativo Os Niguéns protestan fronte ao albergue contra o límite de 10 días de estancia

Publicado por o día 14/02/2020 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,Social,Vigo

O foro socioeducativo Os Niguéns protestan fronte ao albergue contra o límite de 10 días de estancia
O foro socioeducativo convocou onte unha concentración fronte ao albergue municipal para protestar contra o tope de dez días de estancia, algo que consideran “inadmisible” desde o trato humano e técnico. Pensan ” que menos de corenta prazas para unha cidade de case trescentos mil habitantes é un erro, demostrado en que o novo albergue da rúa Toledo fica cheo a miúdo, ilustrando que máis camas non sobran”.

O albergue é un dispositivo valioso pero que precisa de melloras urxentes, unha cidade con superávit millonario e menos de trescentas persoas sen fogar, pode perfectamente, con vontade política, rematar coa problemática se pon nas súas prioridades os coidados das nosas veciñas empobrecidas, que “precisan dunha rede sólida para poderen saír do ciclo no que podemos caer calquera de nós” manifestan.

Desde o foro aseguran acudir a todos os órganos de goberno para trasladar as súas queixas e avanzar nunha “transición cara a unha vivenda estable”. Tamén, piden melloras como a posta en marcha de habitacións de intimidade, integración dos usuarios nos barrios e a admisión de animais de compañía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.