Os Ninguéns fan entrega por rexistro este escrito, que fala da responsabilidade social que deberían ter os cargos políticos do concello de Vigo.

Publicado por o día 08/01/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

“SRA. CONCELLEIRA DE POLITICAS DE BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO DE VIGO

Asunto: Publicación nos medios de comunicación de datos confidenciais sobre unha familia en situación de desafiuzamento.

O pasado 4 de xaneiro tivemos que ler e escoitar nos medios de comunicación locais as declaracións  de vostede dando datos da historia social de unha familia que no día anterior diron a coñecer a súa grave situación nun acto de visibilización do requerimento de desafiuzamento que veñen de recibir.

Esta lamentable intervención pública  oculta a ineficacia municipal en políticas de vivendas en réxime de aluguer social e, o que é peor, fai responsables da súa situación ás persoas afectadas, promocionando información que estigmatiza ás persoas empobrecidas nun momento sociocomunitario de retroceso ideolóxico na xustiza social.
Vostede  declara que esta familia con tres fillos menores é atendida desde o 2007 e que, en varias ocasións non acudiron ás citas, a última o 12.12.18 pero “no se presentaron”. Tamén declara que “la Xunta les restringió la Risga por incumplimento de los requisitos”, que tiveron 15 citas programadas e que solo acudiron a 5, ao resto non se presentaron.  A próxima cita a teñen programada para o 30 de Xaneiro, cando o desafiuzamento está programado para o 24 de este mesmo mes.

Diante de estas declaracións solicitamos se pidan disculpas públicas por esta conducta éticamente reprobable e  presuntamente delictiva de acordo coa “Ley Orgánica 3/2018, de 5 de Decembro, de Protección de Datos Personais e garantía de dereitos dixitais”.

Non é a primeira vez que desde o Concello se recurre á descalificación, humillación e estigmatización de persoas que fan públicas as súas dramáticas situacións en lugar de atender con urxencia, con eficacia e, en calquera caso, protexer e cuidar ás persoas e familias que demandan das Administracións Públicas cubrir as súas necesidades básicas.

Aproveitamos para solicitar una vez máis unha xuntanza que nos permita intercambiar diagnósticos e propostas sobre as políticas municipais de Benestar Social.”