O Gadis Hiper de Tui amplía e moderniza as súas instalacións para dar un mellor servizo aos seus clientes

GADISA continúa implementando o seu plan de modernización e ampliación de puntos de venda co obxectivo de ofrecer a mellor experiencia de compra
Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Tui

O Gadis Hiper de Tui amplía e moderniza as súas instalacións para dar un mellor servizo aos seus clientes

GADISA conclúe a reforma integral do Gadis Hiper de Tui que, en liña coas últimas obras levadas a cabo en diferentes establecementos, supón máis espazo en todas as seccións, instalacións máis modernas e comodidade para o cliente, co obxectivo de ofrecer a mellor experiencia de compra.

A reforma levouse a cabo de maneira progresiva durante os últimos meses sen interromper o servizo aos clientes no propio punto de venda, que ofrece un amplo e variada variedade de preto de 40.000 produtos a prezos moi competitivos, incluíndo as seccións de produto fresco (charcutería, peixaría, carnicería, frutería, panadería, lácteos), alimentación, adega, conxelados, droguería e hixiene, bazar, moda, enxoval, imaxe e son, e electrodomésticos. Ademais ofrécese aos clientes unha variedade de máis de 600 produtos saudables, ecolóxicos, bio, sen lactosa, etc. A oferta comercial do establecemento compleméntase coa tamén renovada cafetería Manduka.

O Gadis Hiper de Tui, que suma máis de 7.100 m2 de superficie total, ampliou a sala de vendas con esta remodelación, que dotou ao establecemento dunhas modernas e funcionais instalacións, deseñadas baixo estritos parámetros ambientais e de eficiencia enerxética.

O renovado establecemento conta cun persoal de 80 profesionais que proporcionan unha atención totalmente personalizada en horario de 09:00 a 22:00 h. O Gadis Hiper de Tui, situado en Lugar de Areas – Regueiro, pon ao dispor dos seus clientes 467 prazas de aparcamento gratuíto.

As seccións de frescos son de especial relevancia para Gadis, que mantén o seu compromiso cos provedores locais para abastecer os seus establecementos cunha variedade de produto autóctono e de tempada. Un equipo propio de profesionais encárgase de seleccionar a mellor materia prima en orixe para garantir a máxima calidade.

Con motivo da remodelación, e para premiar a confianza outorgada polos clientes, o Gadis Hiper de Tui realiza unha campaña especial, ata o próximo 11 de setembro, cunha ampla selección de produtos con prezos reducidos e sorteo diario de tres xamóns, no que se pode participar con cada 10 euros de compra. Ademais, ofrécese a oportunidade de participar no sorteo final, consistente nun televisor UHD Toshiba 49″, un scooter eléctrico e un iPhone XR.

Comentar noticia

Your email address will not be published.