O GALI participa na busca dun home desaparecido onte en Muros

Publicado por o día 17/01/2019 na sección de Sucesos

O GALI participa na busca dun home desaparecido onte en Muros

Os membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colaboran desde esta tarde nun operativo de busca dun home que desapareceu onte en Muros.

Mediante o emprego de drons, o GALI participa nas labores de busca do home, que foi visto por última vez durante a tarde de onte camiñando polo camiño da Devesa, na parroquia de Esteiro.

Deste xeito, tras a petición que os axentes da Garda Civil fixeron chegar ao 112 Galicia, esta tarde sumouse o equipo do GALI ao operativo, no que tamén participan os efectivos do GES de Muros, unha unidade de cans de rescate da Garda Civil e veciños do home desaparecido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.