O Ganomagoga Vigo IES Coruxo FS mételle unha manito A Estrada Futsal – Inversia Seguros

Ganomagoga Vigo IES Coruxo FS 5️⃣ – 2️⃣ A Estrada Futsal – Inversia Seguros
Publicado por o día 03/03/2020 na sección de Deporte Adaptado,Deportes,Galicia,Vigo

O Ganomagoga Vigo IES Coruxo FS mételle unha manito A Estrada Futsal –  Inversia Seguros

Primeira parte o IES Coruxo FS tentou dominar a posesión e ter unha defensa alta fronte a un conxunto estradense que prefería esperar en media cancha e que buscaba desfacerse da defensa local con recursos e sen dar un só pelotazo en todo o partido. A igualdade vista sobre a pista só rompeu no marcador cun tanto de Álex Fernández tras acción individual a tres minutos do descanso.

A segunda parte arrincaba cun equipo visitante que adiantaba o seu defensa, pero eran os vigueses quen ampliaba distancias aos 4 minutos da continuación por medio de Pedro a pase de Bruno. Tres minutos máis tarde, contraataque dirixido por Mouro que finaliza Pablo Martínez anotando o 2-1. O guión non cambiaba para os de vermello, que seguían buscando ter o balón e chegar á meta defendida por Perico. O 3-1 chegaría no minuto 30, pase que anticipa Óscar e asiste a Pedro para ampliar distancias no marcador. A falta de 6 minutos os da Estrada Futsal – Inversia Seguros, apostan polo ataque con porteiro xogador, pero era de novo Pedro quen roubaba o balón quedándose só para anotar o seu terceiro tanto. O 4-2, obra de Jorge Belo, chegaba a falta de 3 minutos para a conclusión e dáballe novamente emoción ao choque, pero sería Óscar Conde quen anotaría o último tanto da tarde establecendo o definitivo 5-2.