O Ganomagoga Vigo IES Coruxo FS perde por un gol ante o Carballiño Fútbol Sala

Ganomagoga Vigo IES Coruxo FS 5️⃣ – 6️⃣ Carballiño Fútbol Sala
Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Vigo

O Ganomagoga Vigo IES Coruxo FS perde por un gol ante o Carballiño Fútbol Sala

Empezaba mal o partido para os intereses locais, saque de centro con posesión e un erro no pase deixaba á visitante Guerra só ante a meta de Fiou, ao que conseguía bater establecendo o 0-1 cando apenas levaban disputados 15 segundos de partido. O tanto non metía no partido aos vigueses, que a pesar de conseguir o empate por medio de Pedro no minuto 6 non acababan de atopar o seu lugar no campo. Proba diso os dous seguintes goles de Carballiño Fútbol sala, que conseguen roubar en cancha contraria e anotar dando mostra da gran pegada que atesouran. Reacción do Ganomagoga nos últimos minutos da primeira parte, que conseguían recortar distancias por medio de Álex Fernández tras saque de esquina.

Nada novo na segunda metade, imprecisións dos vigueses que a pesar de aguantar sen encaixar a inferioridade tras a expulsión de Parra, non atopaban o camiño cara á meta carballinesa. O 2-4, chegaba como un xarro de auga fría para o equipo de Vigo, erro en defensa do que se aproveita Aitor no segundo pau, e minutos despois, balón ás costas que recibe Aarón para asistir sobre Aitor para que anote o 2-5, A falta de 7 minutos os nosos optaban polo xogo de cinco, pero a pesar de recortar distancias de novo por medio de Álex, unha perda permite ampliar outra vez a diferenza de goles marcando Carracedo o 3-6. A falta de 1 minuto Pedro anotaba o 4-6, de novo á saída dun córner, e a falta de 4 segundos Álex conseguía o seu terceiro tanto. A última ocasión do partido era para os locais tras roubar Pedro no saque de centro, pero o seu disparo marchábase desviado e o partido finalizaba co definitivo 5-6.