O GDR Pontevedra Morrazo concede cerca de 800.000 euros de axudas para proxectos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2019 de axudas europeas Leader 2014-2020 por importe de 1.961.421,87 euros de investimento total e 770.116,925 euros de axuda pública.
Por o 24/07/2019 | Sección: Bueu,Cangas,Galicia,Moaña,Pontevedra
O GDR Pontevedra Morrazo concede cerca de 800.000 euros de axudas para proxectos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo
Compartir en:

18 de xullo, celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra a reunión da Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo coa finalidade de aprobar os proxectos da convocatoria 2019/20 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020, que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo.

De entre as solicitudes presentadas ata 01 de abril de 2019, a Xunta Directiva aprobou 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2019/20 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.961.421,87 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 54,93 empregos (UTAS) dos cales 14,5 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 770.116,92 euros. A tipoloxía de proxectos financiados abranguen actuacións en diferentes ámbitos tal e como se recolle nos cadros adxuntos:

· PROPOSTA DE PROXECTOS PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA

· PROPOSTA DE PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS

· PROPOSTA DE PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS

· PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POLO GDR (FORMACIÓN)

· LISTA DE AGARDA PROXECTOS PRODUTIVOS

Comentar noticia

Your email address will not be published.