O GDR Pontevedra Morrazo pon en marcha o concurso de fotografía e video “QUE HAI NESTA BOTELLA?” da IXP Ribeiras do Morrazo

Publicado por o día 22/10/2018 na sección de Eventos

O GDR Pontevedra Morrazo pon en marcha o concurso de fotografía e video “QUE HAI NESTA BOTELLA?” da IXP Ribeiras do Morrazo

Este concurso enmarcase na campaña de dinamización e promoción da IXP Ribeiras do Morrazo que esta a impulsar o GDR e que ten como principal obxectivo o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía é dicir, dar visibilidade e identidade a IXP Ribeiras do Morrazo cara á sociedade e o mercado.

A iniciativa articulase en torno ás redes sociais, FACEBOOK, INSTAGRAM e consiste nun concurso de vídeo e fotografía para buscar a complicidade e apoio dos públicos aos que nos diriximos na interpretación do lema QUE HAI NESTA BOTELLA? convertindoos en co-creadores da marca IXP Ribeiras do Morrazo.

FUNCIONAMENTO

• O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO.

• Desta selección sairá un gañador por cada categoría elixido por un xurado escollido pola IXP Ribeiras do Morrazo

• As persoas que desexen participar deberán subir as súas fotos e/ou vídeos á páxina de Facebook (https://www.facebook.com/IXP-Ribeiras-do-Morrazo-961447397374110/) ou Instagram (https://www.instagram.com/ribeirasdomorrazo/?hl=es) da IXP Ribeiras do Morrazo etiquetando a esta e usando os hashtags #FOTOquehainestabotella e #VIDEOquehainestabotella.

• Os vídeos terán unha duración máxima de 40 segundos.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

No concurso poden participar todos aqueles usuarios de Instagram e Facebook maiores de 18 anos.

Os participantes autorizan o uso das fotografías e vídeos na comunicación, redes sociais e a páxina web do GDR Pontevedra Morrazo e da IXP Ribeiras do Morrazo.

Descarga aquí as bases BASES

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.